segunda-feira, 27 de setembro de 2010

Folga Xeral o 29 de setembro

Desde Galiza Nova vemos claramente como as medidas aprobadas polo goberno do PSOE supoñen facilitar e abaratar o despedimento para todos os traballadoras/es que teñen un contrato indefinido. Por se fose pouco apróbase a subvención pública para parte destes despedimentos, co que se da o paradoxo de que coas cotizacións das/os traballadoras/es se pagará o seu despedimento. Alén disto a contrarreforma laboral ataca a esencia da negociación colectiva, ao facilitar que as empresas queden exentas da aplicación dos convenios colectivos, en especial no que fai referencia ao salario. Esta reforma tamén abre a porta a que os empresarios, sen acordo cos representantes sindicais, realicen modificacións substanciais das condicións de traballo. As traballadoras e traballadores son dados totalmente de lado en medidas coma esta, na que se retrocede amplamente en importantes conquistas laborais conseguidas ao longo dos anos. Porque non podemos permitir que isto suceda, mobilízate connosco! Polo futuro da mocidade, o 29 de setembro apoia a Folga Xeral!



Convidámosvos a secundar a folga do día 29 non asistindo ás clases e animámosvos a participar na manifestación organizada pola CIG, que sairá as 12.30 h. do seu propio local en Esteiro.

O 29 DE SETEMBRO, FOLGA NO ENSINO!! FOLGA XERAL!!

domingo, 15 de agosto de 2010

BILLARDA EN FENE

O venres 13 de agosto os veciños de Fene xuntámonos para disfrutar dunha tarde de Billarda.Galiza Nova e o BNG de Fene quixemos recuperar este deporte tan popular galego, e por un día cambiamos os balóns polo palán e a billa.

Arredor de 60 persoas decidiron participar neste evento, con participantes de todas as idades e sexos.

Tanto os participantes coma os que non se decidiron a participar pasaron unha tarde divertida e agradable. O tempo tamén permitiu que o xogo se realizara sen ningún problema de última hora.






Os máis pequenos tamén quixeron formar parte da festa, e demostraron unhas grandes cualidades co palán e coa billa.






E finalmente, aínda que o noso obxectivo era xuntar aos veciños, quixemos tamén premiar á campiona do torneo, que recibiu unha bandeira e unha camisola como agasallo polo seu bon xogo despregado.




Desde Galiza Nova queremos agradecer a todo o mundo a vosa participación, dunha ou doutra maneira, no evento, e anunciarvos que seguiremos traballando como ata agora, ou máis se nos é posible.

quarta-feira, 11 de agosto de 2010

I Aberto de Billarda



Galiza Nova organiza xunto co BNG de Fene, este venres 13 de agosto, o primeiro Aberto de Billarda no Concello de Fene.

O acto comezará a iso das 19.00 h. A inscrición realizarase momentos antes de comezar o campionato.

Veciños, veciñas, rapaces e rapazas. Non importa a túa idade.Se che apetece participar nesta xornada, e facer un pouco de deporte, non o dudes e pásate pola Rúa do Concello e divírtete con nós!!

-------------------------------------------

Galiza Nova Fene

Estamos tamén en Tuenti.Agréganos!!!

quinta-feira, 15 de julho de 2010

FESTIGAL 2010

Xa está aqui o Festival máis agardado do verán. O vindeiro 24 e 25 de Xullo, Galiza Nova organiza o Festigal 2010 en Compostela.

O campus sul acollerá, coma sempre, actividades de tódolos tipos e para tódolos gustos.Talento galego a esgalla! Música, tendencias,diversidade, letras , ideas,…

196-f-festigal_2010_350

Podes consultar o programa completo na web  http://www.festigal.com/ 

Os feneses Bellón Maceiras Quinteto subirán ao escenario o Domingo 25 de Xullo, Dia da Patria.

terça-feira, 15 de junho de 2010

GALIZA-COLOMBIA

29731_1342402967895_1465844744_30881679_1766582_n

Xa está dispoñible no Vimeo un video-resumo do que foi o encontro reivindicativo das seleccións nacionais deportivas galegas organizado por GN Fene.

PREME AQUI –> VER VIDEO

terça-feira, 8 de junho de 2010

OFICIALIDADE DAS SELECCIÓNS GALEGAS XA !!!

 

GNFENE

Unha nación, unha selección.
Partido Reivindicativo das seleccións deportivas nacionais galegas
.


A selección nacional galega une. A identificación social e o apoio masivo á irmandiña é un feito que
ninguén pode eliminar.


O BNG dende o goberno galego, impulsou as seleccións nacionais en tódalas disciplinas deportivas e
avanzou cara o seu recoñecemento e normalización institucional.Milleiros de seareiros nas bancadas son a proba
de que os galegos e galegas nos identificamos cun equipo que é de todos e todas, sen rivalidades. A selección é un
simbolo común de país.


Dende a chegada do PP á Xunta de Galiza e a súa política de destrucción da nosa identidade
(lingua,cultura,símbolos) as seleccións galegas despareceron.É por iso que dende Galiza Nova Fene, aproveitando
o Mundial de Fútbol 2010, e a gran cobertura mediática que se lle da, organizaremos un partidiño reivindicativo
das seleccións nacionais deportivas galegas.


O vindeiro SABADO, 12 de XUÑO de 2010, ás 19.00h no Campo do Ramo, en Barallobre, Fene,
xogarán Galiza e Colombia.


A selección galega estará formada por mozos e mozas de Fene e comarca, mentres que a de Colombia
estará formada por veciños colombianos residentes en Fene.

A entrada é de balde e ao remate se servirán unhos pinchos para tódolos asistentes.
Somos galegos e galegas.Que a historia siga avanzando.

Seleccións oficiais galegas xa !!

terça-feira, 1 de junho de 2010

GRAZAS A TODOS E TODAS !!

  ÉXITO. O pasado Sábado 29 de Maio, o paseo marítimo de San Valentin acolleu o festival Xuntos e Xuntas por Astano. A pesares de que a hora prevista de comezo era á 13.30h, a partir das 12.30h en plena proba de son de "Los Tigres del Cañotas" a afluenza de público comezaba a ser masiva.Era un anticipo do que despois ocorrería. Os veciños e veciñas amosaban unha vez máis que o seu compromiso e o de Galiza Nova eran un mesmo.

7_picnikSuso Balado,de "Los Tigres del Cañotas"

Despois da animada sesión vermú, na que unha vez máis os Tigres sorprenderon actuando cun buzo de Astano, chegaba a hora do xantar. A carpa, con 300 cadeiras, se quedaba pequena, e a xente xantaba nos bancos e xardíns do paseo marítimo.

2832243_1359897269875_1004846806_30864890_4532738_nImaxes da carpa ateigada

 

Despois do Xantar, chegarían as intervencións de Manuel Polo e Francisco Jorquera-

32243_1359897669885_1004846806_30864898_4941821_n    

Intervención de Polo

32243_1359897869890_1004846806_30864902_2139860_nIntervención de Jorquera

O café e o chupito estaría amenizado pola Charanga "Galiza Sound Machine"

31681_1331016683245_1465844744_30850874_1984680_nGaliza Sound Machine

 

Xa pola tarde, sería o turno das actividades infantis.

32243_1359896829864_1004846806_30864881_8027096_n

Helene Veiguela, cos murais pintados polos nenos

31681_1331411133106_1465844744_30851592_2248456_nActuación das Bolboretas de Barallobre  

 

Ás 22.00 Xurxo Souto presentaba o festival musical

31681_1331466654494_1465844744_30851716_1222000_n

E a festa duraría até as 6 da mañá.

Arredemo,Punkomido,Membrillo Fanegas,Estimaba que Viñeras, e os Dj Josy da graver e Borja Martinez-Gavo Vázquez

 

32243_1359898109896_1004846806_30864908_1092419_n

Moitas Grazas a todos e todas.Os que colaboraron con nós na organización, por suposto os que acudiron, que foron moitos e tamén a tódos grupos e artistas que colaboraron desinteresadamente.

Un éxito de todos.

Un saúdo.

Alberto Garcia.Responsabél GN Fene.