terça-feira, 29 de dezembro de 2009

GALIZA NOVA QUERE GALEGO !!

Galiza Nova participou esta mañá no envío masivo de postais ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, nun acto convocado pola plataforma Queremos Galego.

IMG_3847[1]

No acto, que tivo lugar ás 11 da mañá nas oficinas de correos de Ferrol os voceiros da Plataforma, Fran Rei e Carlos Outeiro,fixeron entrega das postais reivindicativas.

IMG_3855[1]

GALIZA NOVA apoiará tamén a concentración nacional que mañá mércores terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago ás 17.00h.

terça-feira, 22 de dezembro de 2009

SELECCIÓNS GALEGAS !!

O vindeiro Luns, 28 de Nadal o Bloque Nacionalista Galego organiza, xunto con Galiza Nova unha concentración na praza do Obradoiro reivindicando as seleccións deportivas galegas.

tarxeton28decembro

A chegada do PP ao poder significou a eliminación inmediata de tódalas citas das nosas seleccións, calqueira que sexa a súa disciplina deportiva. Unha vez máis os conservadores amosan a súa actitude con respecto á nación galega e a súa simboloxía. A lingua, a cultura, o deporte, ¿que será o seguinte?

Se queres reivindicar o noso dereito a disfrutar da  galega únete a nós e acode o vindeiro luns a partires das 12H  á praza do Obradoiro coa tua camisola da selección.

HAI ALTERNATIVA !!

sábado, 19 de dezembro de 2009

GN Fene coa plataforma QUEREMOS GALEGO !!

Como ben sendo habitual en cada convocatoria, Galiza Nova apoiará unha nova concentración da plataforma Queremos Galego na bisbarra de Ferrol.

QUEREMOS GALEGO acordou realizar unha concentración en contra da reducción da presenza do noso idioma no noso ensino. Todo indica que está próxima a materialización da ameaza do PP con respecto á presentación dunha proposta de novo decreto para regular a presenza do galego no ensino. Esta proposta arrobaría co actual decreto de xeito negativo para o proceso de normalización da nosa lingua.
A concentración realizarase o día seguinte a aparecer nos medios de comunicación esa proposta de novo decreto. Preténdese facer en todas as cidades galegas. En Ferrol realizarémola fronte ao edificio da Xunta de Galiza ás 6 do serán.

qg Solicitamos a vosa colaboración na difusión desta iniciativa e un esforzo na presenza do maior número de persoas posíbel así como especialmente de crianzas. Non é este un problema exclusivo do eido do ensino, é unha ameaza moi importante para o proceso de normalización do noso idioma.

Este domingo día 20 a plataforma QUEREMOS GALEGO instalará unha mesa de recollida de apoios para a campaña de envío de postais de nadal ao Presidente da Xunta de Galiza. Tamén se difundirá material da plataforma: postais, pegatinas para os vidros dos autos e normais así como bandeiras. Acude a recoller material para a súa difusión no teu entorno. Será no feirón de Ferrol ao longo da mañá do domingo.

Este material tamén está á túa disposición en:

  • Ateneo ferrolán: Entre as 11:30 - 13:30 h e as 17 - 21 h.
  • BNG (no local do Grupo Municipal de Ferrol, na Casa do Concello de Ferrol): Entre as 10 e as 14 h.
  • CIG-Ensino (dentro do local comarcal da CIG): Entre as 10 - 14 h e as 17 - 20 h.

sexta-feira, 4 de dezembro de 2009

SOLIDARIEDADE CON AMINATOU HAIDAR

C_4_maincontent_100024765_mediumimage

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu convocar un acto de solidariedade coa activista saariana Aminatou Haidar quen desde o 15 de Novembro está en folga de fame para reclamar os seus lexítimos dereitos -o seu retorno en liberdade ao Sáhara-, pisoteados polo Goberno marroquino coa lamentábel cumplicidade das autoridades españolas.

Este acto,que por suposto apoiaremos dende Galiza Nova, se celebrará hoxe venres, 4 de decembro as 19:30 horas na praza de Armas de Ferrol coincidindo coa visita que o ministro de Xustiza realiza a nosa cidade e como xeito de reclamar ao Goberno español que encontre a solución a este problema, que desfaga a lea en que el mesmo se meteu.

Para o BNG a solución que se lle pode dar é exactamente a que está a demandar Aminatou Aidar. O Goberno español é cúmplice do que está a pasar. É evidente que actuou con conivencia con Marrocos. Cremos que o Goberno Español ten que exixir con clareza a Marrocos que lle devolva o seu pasaporte á señora Aidar.

Así mesmo e aproveitando a condición de Ministro de Xustiza o BNG considera escandaloso que se impuxera unha multa a Aidar -a instancias da dirección do Aeroporto de Lanzarote- e afirmou con clareza que demostra a falta de sensibilidade das autoridades españolas.

O Bloque Nacionalista Galego continúa a apoiar o dereito de autodeterminación que asiste ao pobo saariano e lamenta que o goberno español, os sucesivos gobernos españois, teñan abandonado esta xusta causa. Para nós o pobo saariano está oprimido por Marrocos e ten perfecto dereito a que se cumpran as resolucións de Nacións Unidas e a ser independente.

quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

AUTODETERMINACIÓN !!

12933_1220678930644_1639056146_30617764_3540195_n

Alfonso Daniel R. Castelao afirmaba na súa obra Sempre en Galiza que: “unha nación é unha comunidade estábel, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a existencia de todos
estes signos distintivos, en conxunto, pode formar a nación”.

É evidente que Galiza é unha nación, mais que non conta con dereitos políticos para poder decidir libremente o seu futuro.O marco constitucional e autonómico vixente nega os nosos dereitos colectivos. Isto impide que poidamos artellar políticas propias a nivel económico na defensa dos nosos sectores produtivos,no desenvolvemento dun marco galego de relacións laborais, no ordenamento e protección do noso medio natural, no impulso das seleccións deportivas propias ou no desenvolvemento da nosa lingua e cultura con normalidade no noso propio territorio.


Hoxe, como vén facendo o nacionalismo galego durante toda a súa historia, opoñémonos á Constitución española porque nega a existencia da nación galega e o dereito de autodeterminación,imprescindíbel para o desenvolvemento do noso futuro e para non estar sometidos á presión ou ás inxerencias alleas á propia vontade das galegas e galegos.
As mozas e mozos galegos non imos celebrar unha Constitución sacralizada polo PP e polo PSOE que, despois de máis de 30 anos, só serve para agravar os nosos problemas: desmantela as bases da nosa economía, provoca uns niveis de paro e precariedade escandalosos entre a xente nova, favorece a destrución dos nosos recursos naturais ou deteriora o ensino público.
Non imos celebrar unha Constitución que lles atribúe ás forzas armadas “a misión de defender a integridade territorial de España”. Non imos celebrar unha Constitución que nos priva de liberdade e dos nosos dereitos democráticos máis elementais, como o dereito a vivirmos en galego. No Estado español non todas e todos somos iguais, nin tampouco todas as linguas e culturas gozan dos mesmos dereitos. Só hai unha lingua, o español, que todas as cidadás e todos os cidadáns “teñen o deber de coñecer e o dereito de usar”.

A nosa lingua propia, ogalego, non conta con este recoñecemento e padece unha discriminación a nivel social e xurídico evidente. Os ataques que a lingua galega está a sufrir por parte do Partido Popular na Xunta de Galiza veñen amparados por esta desigualdade xurídica da nosa lingua e favorecen a situación de racismo lingüístico que se vive na Galiza. A modificación da Lei de función pública, o uso deturpado da nosa toponimia ou a derrogación do Decreto 124/07 no ensino son algunhas das consecuencias desta desigualdade legal do galego fronte ao español.


Desde Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, somos conscientes de que en Galiza non estamos de aniversario e de que só avanzaremos nos nosos dereitos coa mobilización e a implicación de todas e todos. A defensa da lingua galega significa a defensa de Galiza como nación e, por iso, nas vindeiras semanas as mozas e mozos sairemos á rúa en contra do Partido Popular e das políticas que buscan a eliminación da nosa lingua propia. Así que súmate á defensa
da nosa lingua, súmate á defensa de Galiza!