segunda-feira, 29 de junho de 2009

O noso orgullo, a nosa loita!

orgullo boa

Dende a súa fundación hai xa máis de vinte anos, Galiza Nova sempre denunciou e actuou para eliminar ás discriminacións que padecen moitas mozas e mozos do noso país pola súa orientación ou identidade sexual e de xénero. O 28 de xuño ten lugar o día do orgullo LGTB e a nosa organización quere poñer de relevo o feito, de que dende o goberno da Xunta, en concordancia co rexeitamento do PP no Congreso dos deputados á unha declaración institucional con esta temática, non se impulsara a celebración desta data. É fundamental que as institucións públicas así como os medios de comunicación contribúan a evidenciar esta problemática para poder seguir avanzando na superación e eliminación dos moitos prexuízos existentes. A pesar de que nos últimos tempos foron significativo os avances rexistrados no recoñecemento de dereitos ao colectivo LGTB ainda fica un bo treito por percorrer para acadar a igualdede. Nese sentido dende Galiza Nova continuaremos traballando e colaborando para que as persoas gais, lesbianas, transexuais e bisexuais especialmente as e os máis novos deixen de sufrir situacións de discriminación e sexan tratadas con respecto.

sexta-feira, 19 de junho de 2009

GALIZA NOVA CONTRA AS TOURADAS

 

Touradas

Os próximos días 19 e 20 de xuño no pazo de exposicións Kiosko Alfonso, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, celebrarase o II Seminario Internacional pola abolición da Tauromaquia. Galiza Nova que sempre se manifestou contraria á celebración de touradas en Galiza ademais de pola barbaridade que supón, tamén pola súa clara vinculación co proxecto de colonización cultural español no noso país, foi convidada á participación na mesa redonda onde as organizacións xuvenís políticas puideran amosar a súa opinión. Ante a nula vontade de participar tanto de Novas Xeracións como de Xuventudes Socialistas, e tamén das súas forzas políticas na mesa redonda específica para organizacións políticas, os organizadores: Galiza mellor sen touradas e Cas-Internacional víronse na obriga de facer só un debate. Para todas e todos os que vos poidades achegar esta é unha boa ocasión para amosar a nosa oposición á mal chamada “festa nacional”.

 

Etiquetas de Technorati: ,

quarta-feira, 10 de junho de 2009

ENQUISA DO ENSINO

{2CA28FE8-45BC-4F81-9DAA-DB8A0275D876}_Aluna da rede estadual de ensino

Dende Galiza Nova de Fene apoiaremos e defenderemos un ensino público, de calidade e en galego para tódolos moz@s . Por iso, condenamos as intencións que o novo goberno do PP ten pensado levar a cabo en materia lingüística.

O venres 5 de Xuño, a Xunta de Galiza presentou a enquisa que se vai remitir ás familias dos 350.000 alumnos e alumnas escolarizados en Galiza nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional e que en teoría ten como propósito inquirir a pais e nais sobre en que lingua prefiren que lles sexa impartido o ensino aos seus fillos e fillas.

Estudado o contido desta enquisa e analizadas as motivacións que levan ao Goberno galego a elaborala, o BNG, có total apoio de Galiza Nova ten que facer as seguintes valoracións:

1.- Estamos perante unha auténtica “consulta trampa”.

Con ela non se pretende máis que dotar ao Goberno dunha coartada para xustificar unha política tracexada xa de antemán: o resultado do inquérito está predeterminado e terá como desenlace a derrogación do decreto sobre o uso do galego do ensino. O PP decidiu no seu día afastarse do consenso sobre o galego (Plano Galego de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en 2004).A enquisa tenta lexitimar cun suposto manto de apoio social unha decisión de carácter político tomada antes de chegar ao Goberno e adoptada co único propósito de contentar os sectores máis extremistas do electorado do Partido Popular.

2.- A consulta, que é de carácter voluntario, carece da menor fiabilidade, tanto por como están enunciadas as preguntas como polo feito de que será a Administración, controlada politicamente polo Partido Popular, quen custodie todo o proceso de recolla dos datos. Non existen suficientes garantías de que os resultados non poden ser mesmo manipulados se non fosen do agrado do partido no goberno.

3.- Coa enquisa vaise criar unha tensión innecesaria nos centros de ensino e na propia sociedade galega, innecesaria porque, sexa cal for o resultado do inquérito, o Goberno xa ten anunciado que vai derrogar o decreto nun sentido claramente contrario ao uso da lingua galega no ensino.

4.- Tal e como están enunciadas as preguntas da consulta, todo o máis que poderían demandar os sectores favorábeis ao galego no ensino sería que se mantivese o galego como lingua na que se imparten as materias troncais. En ningún caso se pregunta ás familias se serían partidarias de que o conxunto das materias, e non só as troncais, se impartisen en galego.

5.- O mesmo Goberno que fai proclamas populistas e demagóxicas en favor da austeridade e o control do gasto público vai dilapidar 200.000 euros na realización desta “consulta trampa”, un dispendio impresentábel no actual contexto de precariedade de medios humanos e materiais que caracteriza a situación do ensino público en Galiza.

6.- Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

7.- Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes ás que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Dende Galiza Nova de Fene agardamos que tódolos pais e nais reflexionen e actúen en consecuencia.

“ A lingua é o alma exteriorizada dun pobo”

 

Etiquetas de Technorati: ,,

segunda-feira, 8 de junho de 2009

RESULTADOS 7 - X

probetas740

GALIZA NOVA DE FENE INFORMA DE QUE A COALICIÓN EUROPA DOS POBOS, ONDE SE INTEGRA O BNG, ACADOU UN REPRESENTANTE NO PARLAMENTO EUROPEO.

CUNHA PARTICIPACIÓN DO 45.81% O BNG OBTIVO O APOIO DO 9.4% DOS SUFRAXIOS.

ANA MIRANDA, SERÁ A EURODIPUTADA DE TÓDOLOS GALEG@S POR ANO E MEDIO.

Por outra banda, informamos de que o sistema de votación electrónica que onte se estaba a probar, entre outras cidades, en Pontevedra ,funcionou correctamente. Polo tanto, cómpre esperar que pronto poidamos ter o sistema en todo o territorio o que suporá un aforro de papel, persoal, tempo e por suposto, maior comodidade.

Etiquetas de Technorati: ,,

quarta-feira, 3 de junho de 2009

PECHE DE CAMPAÑA

Galiza Nova de Fene informa de que o vindeiro Venres, 5 de Xuño, no C.C.R.D de Perlío terá  lugar o acto de fin de campaña do BNG. Será as 20.30 h e contará coas intervencións de :

1208794868Polo

Manuel Polo Gundín

Portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Fene

 

0511049001186673412-francisco-rodriguez-defendeu-a-legalidade-da-iniciativa-do-bng

Francisco Rodríguez

Membro da executiva nacional

 

MARIA ELENA VEIGUELA MARTINEZ, DIRECTORA XERAL DE PROMOCION INDUSTRIAL E SOCIEDADE DA INFORMACION.
14/6/06
FOTO CONCHI PAZ

Helena Veiguela

Candidata ao Parlamento Europeo

 

 

Ficades tod@s convidados !!

 

Etiquetas de Technorati: ,,

terça-feira, 2 de junho de 2009

NOVAS

rumbo 21 astano fene Dende Galiza Nova de Fene queremos informar a tódolos moz@s de que hoxe martes, a partir das 12:00 horas, terá lugar o inicio da campaña da recollida de sinaturas en defensa da reactivación de ASTANO.

A mesa estará instalada na Praza de Armas (Ferrol) de 12:00 a 14:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

É moi importante que todas as persoas que poidan pasar hoxe a asinar a Iniciativa Lexislativa Popular o fagan, xa que é o punto de partida e un bó termómetro para medir o apoio social que vai ter esta iniciativa.

 

cig-ensino Por outra banda , comunicamos a tódolos moz@s que están cursando ou van cursar estudos universitarios, asi coma a tódolos pais e nais dos rapaces que o vindeiro Xoves, 4 de Xuño a CIG-ENSINO FERROL convoca unha conferencia – coloquio no salón de actos do IES Concepción Arenal de Ferrol sobre o Plan Boloña. Será ás 20.00h e contara con Xulio Ferreiro Baamonde, profesor na universidade da Coruña.

segunda-feira, 1 de junho de 2009

REPARTO DE MATERIAL

20000612aainstitutosedifb

O I.E.S de Fene foi escenario esta mañá dun acto de reparto de material e pegada de carteis nos taboleiros e corredores do centro.

Galiza Nova de Fene lembra que , nestas eleccións europeas tódolos mozos e mozas que apoien o BNG, estarán apoiando a defensa dos intereses de Galiza na UE, un novo modelo de UE, dos pobos, social e democrática,de igualdade, de paz, de respecto ós dereitos humanos e que avance nos dereitos e liberdades individuais.

Neste contexto de crise, apoiar ó BNG será tamén opoñerse ó modelo neoliberal da actualidade, será garantir a defensa dos nosos sectores productivos, coma o naval e por suposto será defender un modelo de desenvolvemento sustentábel.

Compañeiras e compañeiros, non podemos deixar que alí onde se tomarán as decisións que marquen o noso futuro sexan outros os que decidan polas galegas e polos galegos.

Ánimo e adiante có BNG!!

PARA QUE GALIZA CONTE

paraquegzconte.bmp 
                            

                           NOTA DE PRENSA

Luns, 1 de Xuño de 2009


Galiza Nova chama á mocidade da comarca a votar “masivamente” ao BNG.
Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, fixo hoxe un chamamento a toda a mocidade da comarca para que acudan ás urnas o próximo domingo a votar polo BNG
por ser “a única alternativa para que Galiza conte en Europa”.
Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova explicou que “o tempo deu á razón ao nacionalismo galego, que dende sempre criticou o fracaso do actual modelo económico e social da Unión Europea”.
Neste sentido, dende Galiza Nova cren que é preciso apostar por políticas que non degraden as condicións laborais das traballadoras e traballadores e que defendan os servizos públicos, como o ensino ou a sanidade.
En palabras do Responsábel Comarcal, “O BNG traballará a prol dunha política antagónica á mercantilización e elitización da universidade pública que supón a implantación do Plan Boloña, así como tamén para que os nosos estaleiros volvan
construír barcos”.
“A única alternativa para avanzar en dereitos e na creación dun novo modelo social e económico alternativo ao neoliberal é a lista encabezada por Ana Miranda”, sentencia Varela.