domingo, 15 de agosto de 2010

BILLARDA EN FENE

O venres 13 de agosto os veciños de Fene xuntámonos para disfrutar dunha tarde de Billarda.Galiza Nova e o BNG de Fene quixemos recuperar este deporte tan popular galego, e por un día cambiamos os balóns polo palán e a billa.

Arredor de 60 persoas decidiron participar neste evento, con participantes de todas as idades e sexos.

Tanto os participantes coma os que non se decidiron a participar pasaron unha tarde divertida e agradable. O tempo tamén permitiu que o xogo se realizara sen ningún problema de última hora.






Os máis pequenos tamén quixeron formar parte da festa, e demostraron unhas grandes cualidades co palán e coa billa.






E finalmente, aínda que o noso obxectivo era xuntar aos veciños, quixemos tamén premiar á campiona do torneo, que recibiu unha bandeira e unha camisola como agasallo polo seu bon xogo despregado.




Desde Galiza Nova queremos agradecer a todo o mundo a vosa participación, dunha ou doutra maneira, no evento, e anunciarvos que seguiremos traballando como ata agora, ou máis se nos é posible.

quarta-feira, 11 de agosto de 2010

I Aberto de Billarda



Galiza Nova organiza xunto co BNG de Fene, este venres 13 de agosto, o primeiro Aberto de Billarda no Concello de Fene.

O acto comezará a iso das 19.00 h. A inscrición realizarase momentos antes de comezar o campionato.

Veciños, veciñas, rapaces e rapazas. Non importa a túa idade.Se che apetece participar nesta xornada, e facer un pouco de deporte, non o dudes e pásate pola Rúa do Concello e divírtete con nós!!

-------------------------------------------

Galiza Nova Fene

Estamos tamén en Tuenti.Agréganos!!!