segunda-feira, 13 de julho de 2009

PRESENTACIÓN DE GALIZA NOVA EN FENE E FESTIGAL 2009

1170752189logo_galizanova

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, presentou hoxe en rolda de prensa ao novo Responsábel Local de Galiza Nova en Fene, Alberto García, que estivo acompañado polo Responsábel Comarcal da organización, Iago Varela.
Na súa intervención, Alberto García fixo fincapé nos retos que Galiza Nova ten por diante no concello fenés, onde “non se está a dar unha resposta acaída ás necesidades da mocidade”. Segundo amosou o novo Responsábel Local, unha das primeiras demandas da organización xuvenil do BNG nesa localidade irá nese sentido, se ben precisou que tamén levarán a cabo actos lúdicos, como un concerto con bandas noveis.
“Estamos a cumprir as nosas espectativas de espallamento por toda a comarca” indicou Iago Varela, que se amosou satisfeito, xa que segundo afirmou “nos concellos onde Galiza Nova ten presenza, estase a defender á mocidade”.

Festigal
O Responsábel Comarcal, Iago Varela, tamén deu conta das actividades que se levarán a cabo no Festigal, o evento co que Galiza Nova celebra en Santiago o Día da Patria, entre as que destacan os concertos de varios grupos, os debates e as presentacións de libros.
“O Festigal segue a ser un referente da cultura galega e en galego” afirmou Varela, quen convidou a toda a mocidade da comarca a asistir.

 

Etiquetas de Technorati: ,,

segunda-feira, 6 de julho de 2009

FESTIGAL 2009

fetigal nena boa

Un ano máis enmarcado nas actividades para o día da Patria chega o Festigal: 48h de música tendencias e diversidade. Desta volta como en ocasións anteriores poderás atopar entre outras propostas a Galería de Cultura Tradicional, con diversos obradoiros e actividades como a loita galega, a Galería das Ideas con interesantes coloquios, a Galería Audiovisual con proxeccións continuas de curtametraxes e documentais. Así mesmo tampouco van faltar os concertos tanto o 24 como o 25 á noite, que este ano contarán cunha importante presenza de grupos galegos como mostra do apoio á música e a lingua da nosa nación, ante as políticas de ataque ás mesmas que está a desenvolver o PP dende o goberno da Xunta. O Festigal son dous intensos días de diversión, formación, convivio nos que tamén podes participar con Galiza Nova nas tarefas organizativas anotándote no nacional@galizanova.org

Non tes escusas para non acudir, agardámoste no Campus Sur de Compostela.

 

FESTIGAL 2009

24 e 25 de Xullo de 2009 / Avance de programación

Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela

Programación continua dende o día 24 ás 12 h / Entrada de balde

Máis de 30 carpas para todos os públicos

VENRES 24 _ 23h

CHAMALLE XIS- Galiza

OS JOHN DEERES - Galiza

http://www.myspace.com/osjohndeeres

Finalistas de concursos como "A Coruña Son" e "GzCrea".

Son unha banda de rock clásico con pinceladas de hard rock e psicodelia.

SOM DO GALPOM - Galiza

http://www.myspace.com/somdogalpom

Presentan o seu primeiro disco despois de ter realizado perto de 100 concertos en dous anos e medio que teñen de existencia. Funky/reggae/rap

DJ CLICK LIVE - Franza

http://www.youtube.com/watch?v=y9YPUiq810c

A reputación de DJ Click sobre o escenario é inmellorable, tanto en solitario como acompañado. Mesturando pratos, theremin, caixas de ritmo e scratches é un dos DJ máis aventureiros, especializado en fusión de jazz e world music con inflexións electrónicas. En vivo vai acompañado por músicos de Rumanía

SÁBADO 25 _ 22h

DESCARGA AO VIVO (Cuba/Galiza)

http://www.youtube.com/wath?v=BXkh52Xv3KU Espectáculo que xunta artistas de Galiza e Cuba nunha proposta escénica de música instrumental, canción e danza. Tres únicas actuacións en Galiza.

KATEMBE PROJECT- Angola

http://www.myspace.com/katembeproject KATEMBE PROJECT nace coa idea de difundir o “KUDURO”, un estilo musical orixinal de Angola, que actualmente está arrasando en todo o mundo. O KUDURO é o resultado do choque entre a música tradicional angoleña (semba, kizomba) e a música electrónica occidental (house, electro, techno).

OS TRES TREBÓNS E AMIGHOS, A GRANDE TREBOADA- Galiza

Galería das Ideas

Debates sobre O FUTURO DA MÚSICA GALEGA, a CRISE ECONÓMICA, o DEREITO AO ABORTO e A LINGUA GALEGA

Galería das Letras

Librarias e Editoriais:

ANDEL DO LIBRO DE VIGO / A PALABRA PERDUDA DE SANTIAGO/ PEDREIRA DE SANTIAGO / OQO / RINOCERONTE / URCO / A NOSA TERRA / GALAXIA

Sinatura de libros e presentacións, entre outros de:

“O natural é político”, de Teresa Moure
“Nos camiños do entusiasmo” de Goretti Sanmartín,
“Una monarquía protegida por la censura” de Iñaki Anasagasti
”A COCIÑA DE LARPEIROS”, de Benigno Campos.

“Piñeiro contra Castelao. Castelao contra Piñeiro” de X. C. Garrido

“Sobre o racismo lingüístico” da editorial Laiovento.

“O REGRESO DE RAMÓN LAMOTE” Conversa con Paco Martín con Víctor F.Freixanes, Xosé A. Neira Cruz e Xavier Senín

EXPOSICIÓN

Crónicas da represión lingüística. Mostra gráfica e audiovisual de Xan Leira

Galería Audiovisual / Programación continua de curtametraxes e documentais / Galería do Software Libre

GALERÍA DA CULTURA TRADICIONAL

Galería infantil / Espazo de animación

Feira de Asociacións

Postos con material de asociacións, ONGs e colectivos diversos.

Galería artesanal

Exposición e venda de artesanía galega

Tendas

Zona de Acampada

Zona de xantar/bar

Postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada

CAFÉ CONCERTO

Organizan

Comisión FESTIGAL + Fundación Galiza Sempre + Galiza Nova

www.festigal.com