segunda-feira, 29 de junho de 2009

O noso orgullo, a nosa loita!

orgullo boa

Dende a súa fundación hai xa máis de vinte anos, Galiza Nova sempre denunciou e actuou para eliminar ás discriminacións que padecen moitas mozas e mozos do noso país pola súa orientación ou identidade sexual e de xénero. O 28 de xuño ten lugar o día do orgullo LGTB e a nosa organización quere poñer de relevo o feito, de que dende o goberno da Xunta, en concordancia co rexeitamento do PP no Congreso dos deputados á unha declaración institucional con esta temática, non se impulsara a celebración desta data. É fundamental que as institucións públicas así como os medios de comunicación contribúan a evidenciar esta problemática para poder seguir avanzando na superación e eliminación dos moitos prexuízos existentes. A pesar de que nos últimos tempos foron significativo os avances rexistrados no recoñecemento de dereitos ao colectivo LGTB ainda fica un bo treito por percorrer para acadar a igualdede. Nese sentido dende Galiza Nova continuaremos traballando e colaborando para que as persoas gais, lesbianas, transexuais e bisexuais especialmente as e os máis novos deixen de sufrir situacións de discriminación e sexan tratadas con respecto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário