sábado, 19 de dezembro de 2009

GN Fene coa plataforma QUEREMOS GALEGO !!

Como ben sendo habitual en cada convocatoria, Galiza Nova apoiará unha nova concentración da plataforma Queremos Galego na bisbarra de Ferrol.

QUEREMOS GALEGO acordou realizar unha concentración en contra da reducción da presenza do noso idioma no noso ensino. Todo indica que está próxima a materialización da ameaza do PP con respecto á presentación dunha proposta de novo decreto para regular a presenza do galego no ensino. Esta proposta arrobaría co actual decreto de xeito negativo para o proceso de normalización da nosa lingua.
A concentración realizarase o día seguinte a aparecer nos medios de comunicación esa proposta de novo decreto. Preténdese facer en todas as cidades galegas. En Ferrol realizarémola fronte ao edificio da Xunta de Galiza ás 6 do serán.

qg Solicitamos a vosa colaboración na difusión desta iniciativa e un esforzo na presenza do maior número de persoas posíbel así como especialmente de crianzas. Non é este un problema exclusivo do eido do ensino, é unha ameaza moi importante para o proceso de normalización do noso idioma.

Este domingo día 20 a plataforma QUEREMOS GALEGO instalará unha mesa de recollida de apoios para a campaña de envío de postais de nadal ao Presidente da Xunta de Galiza. Tamén se difundirá material da plataforma: postais, pegatinas para os vidros dos autos e normais así como bandeiras. Acude a recoller material para a súa difusión no teu entorno. Será no feirón de Ferrol ao longo da mañá do domingo.

Este material tamén está á túa disposición en:

  • Ateneo ferrolán: Entre as 11:30 - 13:30 h e as 17 - 21 h.
  • BNG (no local do Grupo Municipal de Ferrol, na Casa do Concello de Ferrol): Entre as 10 e as 14 h.
  • CIG-Ensino (dentro do local comarcal da CIG): Entre as 10 - 14 h e as 17 - 20 h.

Nenhum comentário:

Postar um comentário