segunda-feira, 27 de setembro de 2010

Folga Xeral o 29 de setembro

Desde Galiza Nova vemos claramente como as medidas aprobadas polo goberno do PSOE supoñen facilitar e abaratar o despedimento para todos os traballadoras/es que teñen un contrato indefinido. Por se fose pouco apróbase a subvención pública para parte destes despedimentos, co que se da o paradoxo de que coas cotizacións das/os traballadoras/es se pagará o seu despedimento. Alén disto a contrarreforma laboral ataca a esencia da negociación colectiva, ao facilitar que as empresas queden exentas da aplicación dos convenios colectivos, en especial no que fai referencia ao salario. Esta reforma tamén abre a porta a que os empresarios, sen acordo cos representantes sindicais, realicen modificacións substanciais das condicións de traballo. As traballadoras e traballadores son dados totalmente de lado en medidas coma esta, na que se retrocede amplamente en importantes conquistas laborais conseguidas ao longo dos anos. Porque non podemos permitir que isto suceda, mobilízate connosco! Polo futuro da mocidade, o 29 de setembro apoia a Folga Xeral!



Convidámosvos a secundar a folga do día 29 non asistindo ás clases e animámosvos a participar na manifestación organizada pola CIG, que sairá as 12.30 h. do seu propio local en Esteiro.

O 29 DE SETEMBRO, FOLGA NO ENSINO!! FOLGA XERAL!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário