Unha nación, unha selección.
Partido Reivindicativo das seleccións deportivas nacionais galegas.
A selección nacional galega une. A identificación social e o apoio masivo á irmandiña é un feito que
ninguén pode eliminar.
O BNG dende o goberno galego, impulsou as seleccións nacionais en tódalas disciplinas deportivas e
avanzou cara o seu recoñecemento e normalización institucional.Milleiros de seareiros nas bancadas son a proba
de que os galegos e galegas nos identificamos cun equipo que é de todos e todas, sen rivalidades. A selección é un
simbolo común de país.
Dende a chegada do PP á Xunta de Galiza e a súa política de destrucción da nosa identidade
(lingua,cultura,símbolos) as seleccións galegas despareceron.É por iso que dende Galiza Nova Fene, aproveitando
o Mundial de Fútbol 2010, e a gran cobertura mediática que se lle da, organizaremos un partidiño reivindicativo
das seleccións nacionais deportivas galegas.
O vindeiro SABADO, 12 de XUÑO de 2010, ás 19.00h no Campo do Ramo, en Barallobre, Fene,
xogarán Galiza e Colombia.
A selección galega estará formada por mozos e mozas de Fene e comarca, mentres que a de Colombia
estará formada por veciños colombianos residentes en Fene.A entrada é de balde e ao remate se servirán unhos pinchos para tódolos asistentes.
Somos galegos e galegas.Que a historia siga avanzando.Seleccións oficiais galegas xa !!
terça-feira, 8 de junho de 2010
OFICIALIDADE DAS SELECCIÓNS GALEGAS XA !!!
terça-feira, 1 de junho de 2010
GRAZAS A TODOS E TODAS !!
ÉXITO. O pasado Sábado 29 de Maio, o paseo marítimo de San Valentin acolleu o festival Xuntos e Xuntas por Astano. A pesares de que a hora prevista de comezo era á 13.30h, a partir das 12.30h en plena proba de son de "Los Tigres del Cañotas" a afluenza de público comezaba a ser masiva.Era un anticipo do que despois ocorrería. Os veciños e veciñas amosaban unha vez máis que o seu compromiso e o de Galiza Nova eran un mesmo.
Suso Balado,de "Los Tigres del Cañotas"
Despois da animada sesión vermú, na que unha vez máis os Tigres sorprenderon actuando cun buzo de Astano, chegaba a hora do xantar. A carpa, con 300 cadeiras, se quedaba pequena, e a xente xantaba nos bancos e xardíns do paseo marítimo.
Despois do Xantar, chegarían as intervencións de Manuel Polo e Francisco Jorquera-
Intervención de Polo
O café e o chupito estaría amenizado pola Charanga "Galiza Sound Machine"
Xa pola tarde, sería o turno das actividades infantis.
Helene Veiguela, cos murais pintados polos nenos
Actuación das Bolboretas de Barallobre
Ás 22.00 Xurxo Souto presentaba o festival musical
E a festa duraría até as 6 da mañá.
Arredemo,Punkomido,Membrillo Fanegas,Estimaba que Viñeras, e os Dj Josy da graver e Borja Martinez-Gavo Vázquez
Moitas Grazas a todos e todas.Os que colaboraron con nós na organización, por suposto os que acudiron, que foron moitos e tamén a tódos grupos e artistas que colaboraron desinteresadamente.
Un éxito de todos.
Un saúdo.
Alberto Garcia.Responsabél GN Fene.
sábado, 22 de maio de 2010
PRESENTACIÓN AOS MEDIOS
Inés Roca, concelleira en Fene e responsabél de mocidade na executiva comarcal e Alberto Garcia, responsabél local de Galiza Nova, presentaron esta mañá aos medios os actos que terán lugar o vindeiro Sábado, 29 de Maio de 2010 dende ás 12 da mañá e durante todo o día, no paseo marítimo de San Valentín, Fene. “San Valentin e o asteleiro sempre estarán vencellados, que mellor localización
para este festival que un barrio que naceu da man de Astano “ destacaron os organizadores.
Segundo Alberto Garcia, “a dia de hoxe nin se quera se lle trasladou á comisión europea a posibél reapertura do expediente que pesa sobre a antiga Astano, como recoñeceu fai unhas semanas, o comisario de competencia Joaquin Almunia”
O responsabél de Galiza Nova lembrou o traballo realizado polo BNG, tanto a nivel institucional, dende o concello ata o parlamento europeo, como “polos actos e actividades de todo tipo que organizamos nestos seis meses, ese é o auténtico compromiso, como sempre tivemos e teremos.
Ahí está o nacionalismo fronte a Zapatero e o seu goberno, fronte aos sindicatos de ámbito estatal, a xunta do PP ou os alcaldes de Fene e Ferrol. O noso compromiso tamén é dos veciños e veciñas.Xuntos e Xuntas estaremos o vindeiro 29 de Maio berrando unha vez máis que sabemos e queremos
construír barcos”
A concelleira nacionalista destacou como “necesario acadar o levantamento do veto como medida anti-crise”. Esta medida “incentivaria a economía local, e sectores coma hostelería, pequeno comercio ou empresas auxiliares, que se atopan nunha situación precaria, se verian beneficiadas”
A responsabél de mocidade dixo que “nun momento de crise coma o actual, o desemprego afecta a homes e mulleres de tódalas idades, mais se cadra os mozos e mozas son os principais afectados”. Asi mozos preparados, con formación e capacidade “aumentan dia a dia as listas do paro, ou ben se ven obrigados a emigrar mentres as instalacións de Astano permanecen ociosas por un veto político inxusto”
“No BNG xunto con Galiza Nova, faremos todo o posibél por acadar o levantamento do veto.
Apoiaremos tódalas iniciativas que nos axuden a conquerir ese obxectivo, como amosamos cando traballamos e apoiamos decididamente á Plataforma Rumbo 21” .
Falando de Rumbo 21 rematou Inés Roca a súa intervención, denunciando que “as máis de 18000 sinaturas recollidas na ILP fican paralizadas por enmendas do PP e PSOE no parlamento galego”
Xa para rematar Alberto Garcia destacou que tódolos participantes do festival colaboran de xeito “desinteresado” coa inicitiva “o cal é de agredecer” e por útlimo convidou a “todos e todas a participar, Xuntos e xuntas por Astano!
sexta-feira, 21 de maio de 2010
AXENDA FIN DE SEMANA
Aproveitando o bó tempo, continuaremos coa presentación do Festival Xuntos e Xuntas por Astano. Esta é a nosa axenda para estes dias :
-> Venres 21
12.00h presentación aos medios, con Alberto Garcia, responsabél local de Galiza Nova; Inés Roca, concelleira en Fene e responsabél de mocidade na executiva comarcal e Héctor Seco, membro do consello local de Fene.
22.00h presentación no Tech Maniños no Pote.
-> Sábado 22
21.00h Presentación na festa do porco ao espeto de San Xoán.
- > Domingo 23
11.30h Presentación no mercadillo de Fene.Venda de tickets para xantar e camisolas.
16.00h Presentación na festa do motor da escuderia sracth fene.
17.00h Presentación no partido de Copa entre o SD Barallobre e o Mugardos, no campo do Ramo.
quarta-feira, 19 de maio de 2010
PRESENTACIÓNS
Hoxe realizamos a presentación do Festival Xuntos e Xuntas por Astano na emisora municipal, Radiofusión.
Xa podes escoitar o audio das intervencións de Inés Roca (BNG) e Alberto Garcia (Galiza Nova) na seguinte ligazón :
O Venres ás 12.00h será a presentación oficial para tódolos medios.
FESTIVAL XUNTOS E XUNTAS POR ASTANO
CAMBIOS-ORGANIZACIÓN E NOVOS GRUPOS !!
Por motivos organizativos Los Tigres del Cañotas actuarán na sesión vermú, a partires das 13.30h.
Pola noite, a orde de actuacións será :
Fenéticos-Arredemo-PunKomido
Estimaba que Viñeras
Membrillo Fanegas
E de Peche, Josy da Graver e Borja Martinez – Gavo Vázquez
terça-feira, 18 de maio de 2010
XUNTOS E XUNTAS POR ASTANO !!
O vindeiro Sábado 29 de Maio, Galiza Nova xunto có BNG de Fene organizaremos un festival reivindicativo polo levantamento do veto. Será a partir das 12 da mañá no paseo marítimo de San Valentin (Fene)
Contaremos con actividades para tódolos públicos durante todo o dia para que todo o mundo poda achegarse e participar neste acto có que pretendemos amosar, unha vez máis, o noso compromiso coa comarca, có naval e por suposto có noso futuro.
¿vas quedar na casa?