Inés Roca, concelleira en Fene e responsabél de mocidade na executiva comarcal e Alberto Garcia, responsabél local de Galiza Nova, presentaron esta mañá aos medios os actos que terán lugar o vindeiro Sábado, 29 de Maio de 2010 dende ás 12 da mañá e durante todo o día, no paseo marítimo de San Valentín, Fene. “San Valentin e o asteleiro sempre estarán vencellados, que mellor localización
para este festival que un barrio que naceu da man de Astano “ destacaron os organizadores.
Segundo Alberto Garcia, “a dia de hoxe nin se quera se lle trasladou á comisión europea a posibél reapertura do expediente que pesa sobre a antiga Astano, como recoñeceu fai unhas semanas, o comisario de competencia Joaquin Almunia”
O responsabél de Galiza Nova lembrou o traballo realizado polo BNG, tanto a nivel institucional, dende o concello ata o parlamento europeo, como “polos actos e actividades de todo tipo que organizamos nestos seis meses, ese é o auténtico compromiso, como sempre tivemos e teremos.
Ahí está o nacionalismo fronte a Zapatero e o seu goberno, fronte aos sindicatos de ámbito estatal, a xunta do PP ou os alcaldes de Fene e Ferrol. O noso compromiso tamén é dos veciños e veciñas.Xuntos e Xuntas estaremos o vindeiro 29 de Maio berrando unha vez máis que sabemos e queremos
construír barcos”
A concelleira nacionalista destacou como “necesario acadar o levantamento do veto como medida anti-crise”. Esta medida “incentivaria a economía local, e sectores coma hostelería, pequeno comercio ou empresas auxiliares, que se atopan nunha situación precaria, se verian beneficiadas”
A responsabél de mocidade dixo que “nun momento de crise coma o actual, o desemprego afecta a homes e mulleres de tódalas idades, mais se cadra os mozos e mozas son os principais afectados”. Asi mozos preparados, con formación e capacidade “aumentan dia a dia as listas do paro, ou ben se ven obrigados a emigrar mentres as instalacións de Astano permanecen ociosas por un veto político inxusto”
“No BNG xunto con Galiza Nova, faremos todo o posibél por acadar o levantamento do veto.
Apoiaremos tódalas iniciativas que nos axuden a conquerir ese obxectivo, como amosamos cando traballamos e apoiamos decididamente á Plataforma Rumbo 21” .
Falando de Rumbo 21 rematou Inés Roca a súa intervención, denunciando que “as máis de 18000 sinaturas recollidas na ILP fican paralizadas por enmendas do PP e PSOE no parlamento galego”
Xa para rematar Alberto Garcia destacou que tódolos participantes do festival colaboran de xeito “desinteresado” coa inicitiva “o cal é de agredecer” e por útlimo convidou a “todos e todas a participar, Xuntos e xuntas por Astano!
Nenhum comentário:
Postar um comentário