Baixo o lema Nas aulas da Galiza, queremos galego, Galiza Nova está a distribuír material por todas as comarcas e concellos do país chamando á folga no ensino convocada para o vindeiro xoves 21 de xaneiro pola Plataforma Queremos Galego.
A manifestación nacional en defensa da lingua e contra o decretazo do PP sairá ás 11.30h da Alameda de Santiago de Compostela. Neste sentido, desde a nosa comarca habilitaranse cando menos dous autobuses:
- Un deles sairá de Ferrol ás 10h (Teatro Jofre)Para reservar praza é preciso chamar ao local comarcal da CIG, cuxo teléfono é: 981 35 87 50
- O outro autobús sairá ás 9.30h de As Pontes (Local da CIG), pasando por Cabanas-Pontedeume. Para reservar praza neste autobús hai que chamar ao 981 451 510
No enderezo web de Queremos Galego -> ENTRAR <- podes atopar máis información referente aos autobuses que sairán dende distintos puntos do pais ,asi como descargar todo o material editado pola plataforma para a folga.
Por outra banda, Galiza Nova ven de sacar á rúa unha nova edición do voceiro de ensino medio LUME. Se todavía non o tes e queres recibilo escribe ao enderezo galizanovafene@gmail.com
Non deixes de visitar o noso web asi como a web nacional www.galizanova.org no que atoparás información actualizada.
Nenhum comentário:
Postar um comentário