Galiza Nova continúa a espallarse pola nosa comarca, a derradeira localidade na que se constituiu a organización xuvenil nacionalista é Valdoviño.
Para dar conta das súas actividades GN Valdoviño ven de abrir unha bitácora na rede onde informar e estar en contacto con tódolos moz@s que o desexen.
No enderezo web http://galizanovavaldovinho.blogspot.com/ atoparás máis información.
Do mesmo xeito, GN Ferrol inaugura tamén a súa bitácora no enderezo http://galizanovaferrol.blogspot.com/.
Non dúbides en visitarnos na rede a través das bitácoras locais da comarca,na renovada web nacional http://www.galizanova.org/ ou a través do noso FACEBOOK.
Nenhum comentário:
Postar um comentário