Dende Galiza Nova Fene, queremos denunciar a actitude de abandono do goberno municipal ao movemento asociativo do noso concello.
A estas alturas de ano, o concello non ten realizada a convocatoria de subvencións cara o presente ano nin ten resoltos os pagamentos das subvencións nominativas do presente exercicio.
A alarma saltou cando hai tan so uns días o goberno comunicou a través do edil de facenda e a edil de cultura e deportes a imposibilidade de pagar as subvención nominativas para este exercicio o que se contradí totalmente coas verbas do Alcalde ao respecto da escasa importancia de prorrogar as contas do exercicio 2008.
O concelleiro nacionalista Edgar Vigo (anterior concelleiro de cultura) proporá que a concellaría de Cultura e Deportes elabore con urxencia as bases para a convocatoria de subvencións ordinarias do ano 2009. Ao mesmo tempo, os nacionalistas de Fene instarán á alcaldía a pagar as subvencións nominativas que figuran nas bases de execución do orzamento do 2008 e que actualmente se atopa prorrogado.
Para o BNG e GALIZA NOVA existen solución técnicas e políticas a este problema pero o que non existe é vontade por parte do gobernó local en apoiar decididamente ao movemento asociativo Fenés.Unha vez máis atopámonos coa diferenza latente entre o discurso do alcalde e a realidade.
Desbloqueo Xa ! Moitos dos eventos que se realizan tradicionalmente en Fene non teñen garantido a súa celebración para o vindeiro ano por falla de recursos, algúns de grande éxito como pode ser o FeneRock.
Foto do alcalde socialista, Iván Puentes co lema “ Otra Forma de gobernar”
Nenhum comentário:
Postar um comentário