quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

NAS AULAS DA GALIZA, QUEREMOS GALEGO

Baixo o lema Nas aulas da Galiza, queremos galego, Galiza Nova está a distribuír material por todas as comarcas e concellos do país chamando á folga no ensino convocada para o vindeiro xoves 21 de xaneiro pola Plataforma Queremos Galego.

0028531001255873652-manifestacion-queremos-galego 
A manifestación nacional en defensa da lingua e contra o decretazo do PP sairá ás 11.30h da Alameda de Santiago de Compostela. Neste sentido, desde a nosa comarca habilitaranse cando menos dous autobuses:
- Un deles sairá de Ferrol ás 10h (Teatro Jofre)Para reservar praza é preciso chamar ao local comarcal da CIG, cuxo teléfono é: 981 35 87 50
-
O outro autobús sairá ás 9.30h de As Pontes (Local da CIG), pasando por Cabanas-Pontedeume. Para reservar praza neste autobús hai que chamar ao 981 451 510

No enderezo web de Queremos Galego -> ENTRAR <-  podes atopar máis información referente aos autobuses que sairán dende distintos puntos do pais ,asi como descargar todo o material editado pola plataforma para a folga.

Por outra banda, Galiza Nova ven de sacar á rúa unha nova edición do voceiro de ensino medio LUME. Se todavía non o tes e queres recibilo escribe ao enderezo galizanovafene@gmail.com

Non deixes de visitar o noso web asi como a web nacional www.galizanova.org no que atoparás información actualizada.

Nenhum comentário:

Postar um comentário