domingo, 28 de março de 2010

TODOS CON RUMBO 21

Galiza Nova estivo onte na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 que dende o peirao de Curuxeiras chegaba á Praza de Armas preto do mediodia.

Milleiros de persoas reivindicaron unha vez máis o levantamento do veto e que o presidente do goberno español, Jose Luis Rodriguez Zapatero, cumpra a súa promesa de levar a negociación a Bruxelas.

P1030752

Coma ven sendo xa habitual, CCOO , UGT, PSOE e IU non apoiaron o berro da nosa sociedade, e unha vez máis amosan onde estan os seus intereses, lonxe da nosa comarca.

P1030792

Xa na praza de armas, foi Manolo Rivas o encargado de ler o manifesto, que remataba deste xeito : “a alma de Galicia ten forma de barco, feito en Ferrolterra. Imos reconstruir esa nave para surcar o futuro”

quinta-feira, 25 de março de 2010

FERROLTERRA ZP: Zona Puteada

NOTA DE PRENSA

Galiza Nova chama á mobilización masiva na defensa do naval
· A organización xuvenil do BNG amosou nun comunicado o seu 'apoio total' á mobilización convocada pola Plataforma Rumbo21
· A Dirección Nacional de Galiza Nova arroupará á comarca de Ferrolterra
Galiza Nova, organización das mocidades do BNG, vén de manifestar o seu apoio 'total e sen condicionantes' á mobilización convocada polo Plataforma Rumbo21.
'O sector naval é un dos focos máis importantes da nosa actividade industrial e unha peza clave no desenvolvemento social e económico da comarca de Ferrolterra' sinalou Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova. “Por iso, esiximos a volta á construción naval de Astano, para que as súas instalacións sirvan para construír, transformar e reparar barcos' engadiu.
Dende a organización nacionalista lembran que 'a defensa do naval é unha reivindicación histórica de Galiza Nova nesta comarca', polo que esta semana están a desenvolver unha intensa campaña informando sobre o seu posicionamento e repartindo pegatinas co lema “Ferrolterra ZP: Zona Puteada. Defendamos o sector naval'.
'Facemos un chamamento á mocidade da comarca a participar masivamente na manifestación do sábado', concluíu Iago Varela, quen lembrou a participación no acto da Dirección Nacional de Galiza Nova, encabezada pola Secretaria Xeral, Iria Aboi.

 

GN

sábado, 20 de março de 2010

POLO LEVANTAMENTO DO VETO

15012_10150171826375393_557235392_11692441_3082577_n 

Galiza Nova estará o vindeiro Sábado 27 de Marzo ás 12.00 no porto de Curuxeiras ( non de Caneliñas) na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21.

O nacionalismo galego Pola creación de emprego, en defensa do noso futuro, levantamento do veto Xa !!

sábado, 13 de março de 2010

QUE NON AFUNDAN O NOSO FUTURO !!

Que non afundan o noso futuro. Dende Galiza Nova Fene esiximos ao goberno do estado español que inicie as negociacións para o levantamento do veto da antiga Astano. O futuro de Fene e o de toda a comarca están en xogo, o noso futuro está en xogo.

P1020545

Este é o resultado do mural que restauramos no dia de onte na av. das pías,baixo a igrexa de Perlío.

Galiza Nova estará o vindeiro Sábado 27 de Marzo na gran mobilización convocada pola plataforma Rumbo21 que sairá ás 12 da mañá dende o porto de Ferrol baixo o lema” Pola creación de emprego, en defensa do noso futuro, levantamento do veto Xa !! “ Agardamos unha masiva presenza de toda a sociedade, especialmente dos mozos e mozas.

 

P1020536

P1020537

P1020539