domingo, 17 de janeiro de 2010

ACTOS QUEREMOS GALEGO !!

Galiza Nova Fene participou onte no acto simbólico convocado pola plataforma QUEREMOS GALEGO no edificio da Xunta, en Ferrol.

P1020391

Ademáis de Galiza Nova, estiveron representadas as XSG, Comités, A Mesa Pola Normalización e Xuventude Comunista.

P1020393

Por outra banda, Galiza Nova continua traballando na comarca en colaboración con Queremos Galego para convocar ao maior número de xente posíbel o vindeiro xoves 21 en Compostela, e mañá comezará unha campaña en Ferrolterra coa distribución de material informativo.

En Fene repartiremos material pola rúa máis estaremos no IES FENE e CPI A XUNQUEIRA para informar a tódolos alumnos e alumnas.

faixa

 

Na imaxe podemos ver un dos lemas das diferentes faixas que colgaremos nos centros da comarca.

Máis información en www.queremosgalego.org

Lembra que para anotarse no transporte gratuito debes chamar ao 981 35 87 50 (local comarcal CIGA).

Nenhum comentário:

Postar um comentário