terça-feira, 18 de maio de 2010

XUNTOS E XUNTAS POR ASTANO !!

XUNT@S

 

O vindeiro Sábado 29 de Maio, Galiza Nova xunto có BNG de Fene organizaremos un festival reivindicativo polo levantamento do veto. Será a partir das 12 da mañá no paseo marítimo de San Valentin (Fene)

Contaremos con actividades para tódolos públicos durante todo o dia para que todo o mundo poda achegarse e participar neste acto có que pretendemos amosar, unha vez máis, o noso compromiso coa comarca, có naval e por suposto có  noso futuro.

¿vas quedar na casa?

quinta-feira, 29 de abril de 2010

1 de MAIO

FOTO GN

O vindeiro 1 de Maio, Dia Internacional da Clase Traballadora, a CIG convoca, como cada ano, mobilizacións por todo o país. Na nosa comarca será en Ferrol, con saída ás 12.00h da av. de Esteiro, fronte ao local do sindicato.

Dende Galiza Nova participaremos activamente nesta mobilización, e unha vez máis aproveitaremos a ocasión para reivindicar que o presidente do goberno español, J.L Zapatero, cumpra a súa promesa de levar ante a Comisión Europea a negociación do veto que pesa sobre a antiga Astano.

Ferroltera ZP : Zona Puteada, será de novo o lema da faixa de Galiza Nova o vindeiro sábado. Tamén queremos convidar, a tódos aqueles que teñan a camisola  de “ sabemos e queremos construír barcos” a levala á mobilización e amosar asi, unha vez máis, que ferrolterra existe, o naval existe e que temos dereito a un TRABALLO DIGNO E NA TERRA !!

 

Aproveitando a ocasión, queremos informar de que xa dispoñemos dun novo pedido de camisolas. Se alguén a quere, cómpre dirixirse ao enderezo gmbng@gmail.com indicando nome e talla.Teñen un prezo de 5€.

P1030729

segunda-feira, 5 de abril de 2010

BENVIDO Mr BLANCO

O pasado Mércores,31 de Marzo de 2010 Galiza Nova participou, xunto cós compañeiros do BNG nun “comité de benvida” ao ministro de Fomento, José Blanco, na súa visita institucional aos concellos de Ferrol e Fene.

Lembrámoslle que en Astano, sabemos e queremos facer barcos.LEVANTAMENTO DO VETO XA !!

Ministro fomento. 004 Membros de Galiza Nova xunto cós compañeiros do BNG do concello de Fene, da executiva comarcal e militantes de toda a comarca.

53784 Puentes, o ministro Blanco e de fondo todos nós coa faixa que rezaba LEVANTAMENTO DO VETO !!

53790 Blanco “pasa” de Jesús Varela, membro de Rumbo 21, mentres o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri tenta evitar o encontro.

domingo, 28 de março de 2010

TODOS CON RUMBO 21

Galiza Nova estivo onte na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 que dende o peirao de Curuxeiras chegaba á Praza de Armas preto do mediodia.

Milleiros de persoas reivindicaron unha vez máis o levantamento do veto e que o presidente do goberno español, Jose Luis Rodriguez Zapatero, cumpra a súa promesa de levar a negociación a Bruxelas.

P1030752

Coma ven sendo xa habitual, CCOO , UGT, PSOE e IU non apoiaron o berro da nosa sociedade, e unha vez máis amosan onde estan os seus intereses, lonxe da nosa comarca.

P1030792

Xa na praza de armas, foi Manolo Rivas o encargado de ler o manifesto, que remataba deste xeito : “a alma de Galicia ten forma de barco, feito en Ferrolterra. Imos reconstruir esa nave para surcar o futuro”

quinta-feira, 25 de março de 2010

FERROLTERRA ZP: Zona Puteada

NOTA DE PRENSA

Galiza Nova chama á mobilización masiva na defensa do naval
· A organización xuvenil do BNG amosou nun comunicado o seu 'apoio total' á mobilización convocada pola Plataforma Rumbo21
· A Dirección Nacional de Galiza Nova arroupará á comarca de Ferrolterra
Galiza Nova, organización das mocidades do BNG, vén de manifestar o seu apoio 'total e sen condicionantes' á mobilización convocada polo Plataforma Rumbo21.
'O sector naval é un dos focos máis importantes da nosa actividade industrial e unha peza clave no desenvolvemento social e económico da comarca de Ferrolterra' sinalou Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova. “Por iso, esiximos a volta á construción naval de Astano, para que as súas instalacións sirvan para construír, transformar e reparar barcos' engadiu.
Dende a organización nacionalista lembran que 'a defensa do naval é unha reivindicación histórica de Galiza Nova nesta comarca', polo que esta semana están a desenvolver unha intensa campaña informando sobre o seu posicionamento e repartindo pegatinas co lema “Ferrolterra ZP: Zona Puteada. Defendamos o sector naval'.
'Facemos un chamamento á mocidade da comarca a participar masivamente na manifestación do sábado', concluíu Iago Varela, quen lembrou a participación no acto da Dirección Nacional de Galiza Nova, encabezada pola Secretaria Xeral, Iria Aboi.

 

GN

sábado, 20 de março de 2010

POLO LEVANTAMENTO DO VETO

15012_10150171826375393_557235392_11692441_3082577_n 

Galiza Nova estará o vindeiro Sábado 27 de Marzo ás 12.00 no porto de Curuxeiras ( non de Caneliñas) na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21.

O nacionalismo galego Pola creación de emprego, en defensa do noso futuro, levantamento do veto Xa !!

sábado, 13 de março de 2010

QUE NON AFUNDAN O NOSO FUTURO !!

Que non afundan o noso futuro. Dende Galiza Nova Fene esiximos ao goberno do estado español que inicie as negociacións para o levantamento do veto da antiga Astano. O futuro de Fene e o de toda a comarca están en xogo, o noso futuro está en xogo.

P1020545

Este é o resultado do mural que restauramos no dia de onte na av. das pías,baixo a igrexa de Perlío.

Galiza Nova estará o vindeiro Sábado 27 de Marzo na gran mobilización convocada pola plataforma Rumbo21 que sairá ás 12 da mañá dende o porto de Ferrol baixo o lema” Pola creación de emprego, en defensa do noso futuro, levantamento do veto Xa !! “ Agardamos unha masiva presenza de toda a sociedade, especialmente dos mozos e mozas.

 

P1020536

P1020537

P1020539